Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de outubro de 2002 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de informática da Xunta de Galicia 1/2002, convocado pola Orde do 19 de xuño de 2002.

Convocado concurso 1/2002 pola orde desta consellería do 19 de xuño de 2002 (DOG nº 119, do 21 de xuño), e á vista da proposta de adxudicacións de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración de méritos, mediante

acordo adoptado na correspondente sesión, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/2002, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que se especifican nel, adxudicacións que son irrenunciables de conformidade coa base VII.1.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e na base VIII da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveron un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso

efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Relación de consellerías (correspóndense cos dous primeiros caracteres do código do posto)

AG. Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

AS. Asuntos Sociais.

CU. Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED. Educación e Ordenación Universitaria.

EF. Economía e Facenda.

EM. Emigración e Cooperación Exterior.

FA. Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC. Industria e Comercio.

MA. Medio Ambiente.

OT. Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE. Pesca e Asuntos Marítimos.

PR. Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

SA. Sanidade.

XU. Xustiza, Interior e Relacións Laborais.