Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza/posto de operario albanel, vacante no cadro de persoal laboral da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa.

No BOP de Pontevedra nº 159, con data do 21 de agosto de 2002, publícanse integramente as bases aprobadas pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 2002, da convocatoria para a provisión dunha praza/posto de operario albanel, vacante no cadro de persoal laboral da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais (FPSDM) do Concello de Vilagarcía de Arousa, mediante o procedemento de concurso-oposición libre.

A praza/posto aquí convocada está enmarcada no grupo V do convenio colectivo do persoal laboral deste concello. Está dotada coas retribucións correspondentes conforme o citado convenio colectivo.

O prazo de presentación de instancias solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e taboleiro de anuncios da corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2002.

Joaquín Javier Gago LópezRosa Losada Suárez

AlcaldeSecretaria