Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da UA 6 Galindra (expediente 4361/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono C-SU-UA-6-Galindra, promovido por Cysugal, S.A., redactado polos arquitectos José Antonio González González e Emilio Estévez Fernández, visado polo COAG nos días 8-5-2002 e 10-9-2002 (expediente 4361/401).

Segundo.-Antes da aprobación definitiva do procedemento deberá informarse favorablemente o expediente polos departamentos municipais de Servicios Electromecánicos e Parques, Montes e Xardíns.

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como notificación individualizada ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización».

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 8 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo