Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas para cubrir en propiedade prazas vacantes no Concello de Vilagarcía de Arousa.

No BOP de Pontevedra nº 159, con data do 21 de agosto de 2002, publícanse integramente as bases aprobadas pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 2002, da convocatoria para a provisión en propiedade das prazas vacantes no cadro persoal funcionario que a continuación se din, incluídas nas ofertas de emprego público de 1997, 1998, 2000 e 2001; así mesmo no BOP nº 177, con data do 16 de setembro de 2002, publícase o anuncio relativo á modificación da base 2ª das específicas da convocatoria da praza de recadador, aprobada pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 2 de setembro de 2002, seguintes:

1 praza de recadador, enmarcada no grupo B; escala de Administración especial; subescala técnica; clase media.

1 praza de administrativo, enmarcada no grupo C; escala de Administración xeral; subescala administrativa.

4 prazas de auxiliar de Administración xeral, enmarcadas no grupo D; escala de Administración xeral; subescala auxiliar.

1 praza de oficial rega fontaneiro, enmarcada no grupo D; escala de Administración especial; subescala servicios especiais; clase persoal de oficios; categoría oficial.

1 praza de conductor maquinista, enmarcada no grupo E; escala de Administración especial; subescala cometidos especiais.

1 praza de operario carpinteiro, enmarcada no grupo E; escala de Administración especial; subescala servicios especiais; clase persoal de oficios; categoría operario.

5 prazas de operarios de servicios, enmarcadas no grupo E; escala de Administración especial; subescala servicios especiais; clase persoal de oficios; categoría operario.

1 praza de conserxe, enmarcada no grupo E; escala de Administración xeral; subescala subalterna.

1 praza de subalterno, enmarcada no grupo E; escala de Administración xeral; subescala subalterna.

As prazas aquí convocadas están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo ó que se adscriba a praza.

O prazo de presentación de instancias solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e taboleiro de anuncios da corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

Rosa Losada Suárez

Secretaria