De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Somoza Ledesma, Edgar Alfonso titular do expediente AP005.2001.1.74 relativo a axuda a servicios de apoio á elaboración do plan de empresa do Programa Emprendedores do Igape (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo), que con data 8 de maio de 2002 o director da Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial do Igape resolveu o arquivo do expediente por non ter achegada a documentación preceptiva para a tramitación da solicitude de axuda.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no
prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo máximo de dous meses contados desde o seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica