De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Cuarcitas Taramundi, S.L., con NIF nº B-27216431, titular do expediente 98/0014/LU relativo a axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo), que con data 11 de xullo de 2002 o presidente do Igape resolveu declarar incumpridas totalmente as condicións de concesión de subvención do expediente e determínase a revogación da axuda concedida.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. A resolución de incumprimento total non esgota a vía administrativa e contra esta poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica