Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (4172/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 5 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto refundido da modificación da delimitación da unidade reparcelable UR-1 da zona 1 do SU-32, do PXOU a pedimento de Ricardo Iglesias Paredes.

De conformidade co disposto no artigo 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de

Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de setembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente