Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

CONCURSO para a adquisición dun tractor con rozadora.

No BOP de Ourense, do día 3 de outubro de 2002, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición dun tractor con rozadora e outros apeiros para o Concello de Celanova, con tipo de licitación de 84.140 euros (IVE incluído), mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as trece horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Celanova. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de solicitude e demais datos figuran nos mencionados pregos de condicións, que lles serán facilitados gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Celanova (Ourense), ou por teléfono: 988 43 14 81.

Celanova, 7 de outubro de 2002.

O alcalde

Rubricado