Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de rede de sumidoiros no lugar de Aldea do Monte.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento de licitación: 229.609,78 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo: E. Subgrupo: 1. Categoría: c.

6. Garantías: a) Provisional: 4.592,20 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello. Plaza de España. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/86 01 02. Correo: www.contratación*concellopontevedra.es. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 16 do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mantene-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 11 de setembro de 2002.

Raimundo Glez. CarballoJulio Dapena Outomouro

Tte. de alcalde delegadoSecretario xeral

da Área