Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 25 de setembro de 2002 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001/11/2002.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instructor do procedemento Alfonso Diéguez García.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante os servicios centrais do Instituto Galego de Consumo, con dirección na praza de Europa, nº 10 A-2º, (pol. das Fontiñas) de Santiago de Compostela en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001/11/2002.

Interesado: Automoción Magley, S.L.

CIF: B-15634314.

Acto notificado: proposta de resolución.

Importe: 9.000 euros.