Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de setembro de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico no río Umia nos concellos de Cuntis e A Estrada, promovido pola sociedade Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 13 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e o artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supra

municipal, este organismo autónomo dispón que se publique no DOG o acordo adoitado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de setembro de 2002, do que de seguido se produce a súa parte dispositiva de xeito literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico no río Umia nos concellos de Cuntis e A Estrada promovido pola sociedade Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

2. As determinacións contidas no proxecto teñen forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecen sobre as determinacións do planeamento urbanístico, conforme o establece o artigo 11 do Decreto 80/2000.

3. De conformidade co artigo 24 da Lei 10/1995 e do 11 punto 2º do Decreto 80/2000, os concellos deberán adopta-lo seu planeamento urbanístico ó contido no proxecto sectorial. A devandita adaptación realizarase nos prazos que determina o proxecto.

4. Conforme o establecido no artigo 25 da Lei 10/1995 decláranse de utilidade pública para os efectos expropiatorios, os bens e dereitos precisos para a súa execución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia