Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 22/2002.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, de 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publicar a adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 22/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de hixiene e protección.

c) Lotes: 4.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S80, do 24-4-2002; BOE nº 99, do 25-4-2002; DOG nº 85, do 3-5-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 247.162,50 (euros).

5. Adxudicación.

LOTEDATAEMPRESANACIONALIDADEIMPORTE ADXUDIC.

UNITARIOTOTAL

1.17-8-2002HELIANTHUS MEDICAL, S.L.ESPAÑOLA0,107.500
1.20,1011.250
1.30,103.750
1.40,125.400
1.50,262.340

2.17-8-2002SCA HIGIENE PRODUCTS, S.A.ESPAÑOLA0,321110.745
2.20,26754.815

3.17-8-2002LABORATORIOS INDAS, S.A.ESPAÑOLA0,4808.640
2.20,4801.800

4.17-8-2002LABORATORIOS INDAS, S.A.ESPAÑOLA0,1075.000
4.20,1609.600

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Servico Galego de Saúde