Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 4 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios de substitución na zona de Vilaboa (A Pontenova, Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Vilaboa (A Pontenova, Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento das persoas titulares das explotacións, nin representando os que reclaman máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de setembro de 2002. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódalas persoas interesadas e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún/a propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución no prazo indicado, será

obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta delegación, sita na Ronda da Muralla nº 70 de Lugo, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o 30 de setembro de 2002.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outorga ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución dentro dos tres meses seguintes á data da toma de posesión, logo da petición ó Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Trascorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó/a propietario/a do novo predio.

Lugo, 4 de setembro de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo