Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade á relación de empresas adheridas ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas de telecomunicacións para o fomento das tecnoloxías da comunicación no sector das Pemes.

O director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, cumpridos o trámites para a adhesión ó convenio aberto de colaboración subscrito o 13 de maio de 2002 entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas de telecomunicacións para o fomento das tecnoloxías da comunicación no sector das Pemes (DOG nº 102, do 29 de maio de 2002), acorda darlle publicidade á relación de empresas adheridas ata a data e con posterioridade á súa sinatura:

-EADS Telecom España, S.A.-Ericsson Empresas, S.A.-Movisat Sistemas de Localización Global, S.L.-Philips Ibérica, S.A.-Retevisión I, S.A.-Ronda Grupo Consultor, S.L.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía

e Desenvolvemento Sectorial

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL