Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: modificado 1 L.M.T. depuradora de Laxe.
Situación: Laxe.
Descricións técnicas: reforma liña de media tensión aérea a 20 kV, de 608 m de lonxitude, en conductor LA-56, entre os apoios nº 6 e 12 da L.M.T.A. C.T. Laxe III. Concello de Laxe.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 16 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña