Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación urxente, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia: 2002-04-01567

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é realizar un estudio previo á elaboración dunha campaña de sensibilización social e a execución da mesma para a divulgación da convocatoria do Premio Galicia Innovación Junior.

A metodoloxía que se propoña deberá cubri-las fases que se detallan no prego de prescricións técnicas

b) Prazo de execución: o prazo de execución deste contrato concretase nas seguintes fases:

Fase 1: realización dun estudio de deseño da campaña. O prazo de execución abranguerá desde a sinatura do contrato ata o 25 de novembro do ano 2002.

Fase 2: lanzamento, desenvolvemento e remate da campaña. A execución comezará ó remate da 1ª fase e finalizará o 15 de decembro de 2002.

Fase 3: realización dun estudio no que se analice o grao de penetración da campaña no público obxectivo. A execución comezará o 1 de xaneiro de 2003 e rematará o 28 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o orzamento máximo ascende a 190.000 A, dos que 152.000 A corresponden á anualidade do ano 2002 e 38.000 A á anualidade do ano 2003 que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432A 640.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

5. Garantía provisional: a garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a tres mil oitocentos euros (3.800 A).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88 ou ben a través das páxinas web: www.xunta.es/contratación o www.sxid.org/web.

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas: realizarase o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio, correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento