Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia: 2002-04-01487.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato plurianual é analizar o papel presente e futuro da tecnoloxía na competividade das empresas e identificar as tecnoloxías clave, mediante un traballo de prospectiva que sirva como ferramenta para a continua adaptación do devandito plan e para comezar a perfilar o próximo plan que deberá ser aprobado no ano 2006.

A metodoloxía que se propoña deberá cubri-las fases que se detallan no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: os traballos obxecto do contrato deberán estar concluídos antes do 30 de xuño de 2003. Haberá unha primeira entrega, que cubrirá a primeira fase, antes do 10 de decembro de 2002 e a última entrega antes do 30 de xuño de 2003, de maneira que cubra as fases 2, 3 e 4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o orzamento máximo ascende a 180.000 A dos que 30.600 A corresponden á anualidade do ano 2002 e 149.400 A á anualidade do ano 2003 que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A640.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

5. Garantía provisional: a garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a tres mil seiscentos euros (3.600 A).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88 ou ben a través das páxinas web: www.xunta.es/contratacion o www.sxid.org/web.

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas: realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe deste anuncio, correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento