Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.766

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (465/2001).

Eu, Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado do social, se segue procedemento nº 465/2001, por instancia de José Figueiro Moares, contra Gruibem Boiro, S.L., sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o vindeiro día 13-11-2002 ás 10.15 horas, cítase en única convocatoria, a empresa Gruibem Boiro, S.L., que tivo o seu domicilio na rúa Fernández Mato, 1-3º Boiro, e hoxe en paradoiro ignorado para que, acompañado de tódolos medios de proba de que tente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei do procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría

deste xulgado. Requírese a Gruibem Boiro, S.L. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apecibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación con artigo 304 da LAC, en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para quen conste e lle sirva de notificación, citación á empresa Gruibem Boiro, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

O secretario xuridical

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA