Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.765

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (41/2001).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

Sentencia nº 381.

En nome de El-Rei

Na cidade de Lugo o once de setembro de dous mil dous.

Sendo Ana Belén Sánchez González, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Número Seis de Lugo, e vistos os precedentes autos de xuízo de menor contía nº 41/2001, seguidos neste xulgado por instancia de Rufina Vilanova Villar, José Villanueva Villar e Elvira Villanueva Villar, representados pola procuradora García Méndez e asistidos pola letrada Alma Suárez Pardo, contra José Antonio Varela Lamas, Concepción Varela Lamas, Pilar Varela Lamas, Ángel Varela Lamas e Luzdivina Varela Lamas, e demais herdeiros de Jesús Varela Simón, en situación procesal de rebeldía, e Jesús Varela Lamas e José María Varela Lamas, representados pola procuradora Bellón Romay e asis

tidos polo letrado Francisco Javier Núñez Torrón Latorre.

Decido que estimando parcialmente a demanda presentada pola procuradora García Méndez en nome e representación de Rufina Vilanova Villar, José Villanueva Villar e Elvira Villanueva Villar contra José Antonio Varela Lamas, Concepción Varela Lamas, Pilar Varela Lamas, Ángel Varela Lamas e Luzdivina Varela Lamas e José María Varela Lamas e demais herdeiros de Jesús Varela Simón, debo declarar e declaro a condición de reservistas dos demandantes respecto dos bens que Jesús Varela Simón adquiriu por herdanza ab intestato do seu neto Jesús Vilanova Varela e que este adquirira por herdanza do seu pai Jesús Vilanova Vilar, e que se determinarán en execución de sentencia logo de formación de inventario dos ditos ben que resentarán os demandados en debida forma, declarando xa como obxecto de reserva a cantidade de diñeiro en efectivo desa procedencia a cuantificación do cal tamén se difire a execución de sentencia, o predio chamado Chouso da Forca e a metade indivisa do predio rexistral nº

20388, ambos descritos no feito segundo da demanda, declarando a procedencia de realiza-la partición do reservista respectando as adxudicacións de tales bens, sen expresa imposición de custas.

E para que lle sirva de notificación a Pilar, Ángel e Luzdivina Varela Lamas e ós herdeiros descoñecidos de Jesús Vilanova Villar, expídese este edicto en Lugo o once de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado