Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.762

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, pola que se convocan os opositores para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2002, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo do grao medio de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala de topógrafos, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Convoca-los opositores que superaron o terceiro exercicio e os que, tendo aprobado o segundo, estaban exentos da realización do terceiro, para a realización do cuarto exercicio -suposto práctico- que se levará a cabo na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, o día 31 de outubro de 2002 ás 10 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para tal efecto poderán utilizar textos legais sen comentarios, mais non libros de consulta, así como calculadoras non programables.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Manuel González Torres

Presidente do tribunal