Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga).

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga) (código de convenio nº 8200242), que se subscribiu o 1 de agosto de 2002, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Capítulo I

Extensión, vixencia e denuncia

Artigo 1º.-Obxectivo do convenio.

O presente convenio ten por finalidade regula-las condicións económicas e sociais entre a empresa Cofaga, sita no polígono da Pocomaco, parcela A4, A Coruña e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios nos almacéns de distribución da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga) que radican nas provincias da Coruña e Lugo.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As normas do presente convenio, regulan as relacións de traballo do persoal de Cofaga dos almacéns de distribución da Coruña e Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Un ano 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Artigo 5º.-A denuncia do convenio.

Deberá presentarse ante a Consellería de Traballo, cunha antelación mínima de tres meses, por calquera das partes, con previa comunicación entre ambas.

Capítulo II

Condicións sociais

Artigo 1º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 2º.-Clasificación do persoal.

Revisión anual de categorías, dentro dos dous primeiros meses do ano, publicaranse no taboleiro de anuncios da empresa a escala destas, pechada o 31 de decembro anterior; o persoal poderá formula-las reclamacións que consideren oportunas no prazo dun mes.

a) Ascensos: os ascensos rexerán para tódalas categorías e en igualdade de condicións e criterios.

b) Ocupación de novos postos e vacantes: as vacantes e postos de nova creación serán anunciados ó persoal cunha antelación mínima de quince días, agás que o posto teña que cubrirse inmediatamente, para que, quen se considere apto, poida solicitalo e participar no concurso de coñecementos, aptitudes e capacidades persoais. O traballador que sexa designado para o novo posto, demostrará a súa adaptación a este en calidade de proba, podendo negarse voluntariamente e en caso de non supera-la proba ou recusar, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo. Realizarase o cambio de categoría e de servicio en caso positivo unha vez terminada a proba, logo de acordo co interesado. Do establecido neste artigo quedarán exceptuados os postos que impliquen mando.

Cumprirase en todo momento a normativa de emprego. Os fillos dos traballadores que se xubilen ou falezan, terán preferencia para ocupa-los postos vacantes ou de nova creación, en igualdade de condicións, tendo superadas as probas obxectivas para a valoración dos ditos postos de traballo. Das ditas probas de aptitude darase coñecemento ó comité de empresa.

Artigo 3º.-Contrato de traballo para a formación.

Respectarase a legalidade vixente.

Artigo 4º.-Calendario laboral.

Á vista do calendario laboral, a empresa xunto cos delegados do comité de empresa, estudiarán a posibilidade de recuperación de pontes, segundo as necesidades do servicio.

Horas extras: terán o incremento do 75% sobre a hora ordinaria e poderanse compensar co tempo equivalente en descanso.

Xornada laboral: a xornada laboral será de 39 horas semanais, tanto para a xornada partida como continuada. Estas 39 horas de traballo efectivo, serán de luns a sábado.

Artigo 5º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio, terán dereito a trinta días naturais de vacacións que desfrutarán de forma ininterrompida. O período de vacacións non poderá iniciarse en sábado, domingo ou festivo. O período de vacacións fixarase anualmente no calendario de vacacións no primeiro mes do ano. En calquera caso, cunha antelación mínima de dous meses ó inicio do desfrute.

Artigo 6º.-Bolsa de vacacións.

Os traballadores que desfruten as súas vacacións nos meses de xuño a setembro, ambos inclusive, percibirán a cantidade de 44,325 euros. Fóra destes meses a bolsa de vacacións será de 172,755 euros.

Artigo 7º.-Incapacidade laboral transitoria.

Os traballadores que se atopen en ILT percibirán o salario real ata os 18 meses (salario base, antigüidade, complemento de rendemento, complemento de convenio e complemento de transporte).

Artigo 8º.-Prestacións.

A empresa aboará ós traballadores que teñan fillos diminuídos psíquicos, físicos ou minusválidos a cantidade de 142,897 euros por cada un deles e por mes. Amplíase ós traballadores/as con cónxuxes con invalidez total, aplicándoselle-la axuda por fillos diminuídos, sempre que non cobre pensión por invalidez de calquera tipo e logo da comprobación médica e contributiva pertinente.

a) Premio de permanencia.

De acordo co convenio anterior, amplíanse as cantidades por este concepto ás seguintes contías.

-Por 20 anos de servicio: 693,075 euros.

-Por 40 anos de servicio: 1.464,564 euros.

b) Axudas escolares.

A empresa facilitará bolsas anuais de axuda universitaria para tódolos empregados e fillos de empregados que demostrasen capacidade nos estudios cursados.

Artigo 9º.-Licencias, excedencia e cesamentos voluntarios.

a) Licencias.

Quince días laborables en caso de matrimonio, cinco días en caso do falecemento do cónxuxe fillo/a, tres días no caso de falecemento dos pais do traballador ou os do seu cónxuxe, netos, avós ou irmáns, que se ampliarán a tres días máis en caso de desprazamento superior a 300 km. Cinco días ó ano para asuntos persoais, con previo aviso á empresa, sete días por parto da esposa ou filla solteira, dous días por traslado do domicilio habitual, un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

A empresa facilitará tódolos permisos xustificados para efectuar exames, co tempo que resulte necesario.

b) Excedencias.

Os traballadores cun ano de servicio na empresa poderán solicitar excedencia voluntaria por un período dun mes a cinco anos, ó cabo dos cales e cun previo aviso dun a tres meses de antelación, terán dereito á reintegración ó seu posto de traballo anterior sempre que exista vacante ou á primeira que se presente. O tempo que o traballador estea en excedencia non se computará para ningún efecto.

A empresa concederá excedencias obrigatorias sempre que medien razóns xustificadas, estudios, problemas familiares, etc.

As peticións de excedencias serán resoltas pola empresa, unha vez oído o comité de empresa.

As excedencias por cargos políticos ou sindicais poderán ser solicitadas polos traballadores sen que sexa necesario o ano de antigüidade, sempre que leven traballando un mínimo de seis meses.

c) Licencias especiais.

Os traballadores poderán solicitar sen dereito a ningunha retribución dúas licencias especiais ó ano que non deberán exceder normalmente de 20 días entre ambas, sen que supoña exclusión do cómputo da antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

d) Cesamentos voluntarios.

O traballador poderá desistir da relación laboral en calquera momento, sen máis requisito que o aviso á empresa con quince días de antelación.

Artigo 10º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores poderán pactar acollerse ó sistema de xubilación anticipada ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo a empresa substituí-los traballadores simultaneamente co seu cesamento, por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 11º.-Xubilación voluntaria e forzosa.

a) Xubilación voluntaria.

A xubilación será voluntaria ós 60 anos. No momento do asinamento deste convenio a empresa estará obrigada a negociar co comité de empresa, así como cos traballadores interesados individualmente, un plan de xubilación voluntaria.

b) Xubilación forzosa.

Tódolos traballadores pertencentes á empresa deberán xubilarse con carácter forzoso ó cumpri-los 65 anos.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

A partir da sinatura do convenio será variable segundo a asistencia.

a) Dividirase o dito complemento entre 30 días dándonos isto a cantidade que se descontará por día de absentismo.

b) Non se terá en conta á hora do desconto:

1. Tódalas licencias e permisos dados pola lei.

2. A primeira baixa por ILT.

3. Baixas por hospitalización, maternidade, enfermidade profesional e accidente de traballo.

4. Dous atrasos nun mes. Sendo por tres ou máis de tres o desconto dun día de complemento.

c) O desconto do complemento que deixasen de percibi-los traballadores repartirase ó finaliza-lo ano (nómina de xaneiro ano seguinte), entre aqueles que se atope a súa media anual inferior á media xeral anual de absentismo e de maneira proporcional ós días de presencia.

d) A media de absentismo anual calcularase tendo en conta exclusivamente as baixas por ILT e as ausencias sen xustificar.

Capítulo III

Garantías sindicais

Os traballadores non poderán sufrir ningún tipo de represión ou discriminación, polo feito da súa afiliación sindical.

As garantías recoñecidas ós representantes dos traballadores, referentes a despedimentos e sancións, serán mantidas durante dous anos despois de cesar no cargo.

Artigo 1º.-Dereitos da sección sindical.

Os traballadores afialiados a unha central sindical, poderán constituír no seo da empresa a sección sindical da empresa. Cando a sección sindical teña unha afiliación equivalente ó 10% do cadro de persoal disporá dos seguintes medios:

-Taboleiro de anuncios da súa central sindical, para propaganda dela.

-Dereito a desconto en nómina das cotas sindicais ós interesados, sempre que o autorizasen por escrito e sendo unha cantidade fixa.

Artigo 2º.-Comité de empresa.

Recoñécese como único órgano representativo na empresa o comité elixido polos traballadores.

Os representantes dos traballadores disporán dun máximo de 40 horas mensuais remuneradas ó salario real, para actividades sindicais de toda índole. Non se deducirán destas as utilizadas por petición da empresa. As ditas 40 horas entenderanse que se disporán para asuntos sindicais e de forma acumulada de 20 horas remuneradas para cada un dos membros que o compoñen, sendo o comité quen de maneira colexiada dispoña do seu uso e o xustifique. Os membros do comité a título individual disporán doutras 20 horas remuneradas ó mes, que se poderán acumular entre eles para a súa utilización.

Así mesmo, será o comité quen controle o tempo sindical, xustificando o emprego del cando o requira a empresa.

A empresa disporá de local para a actividade dos delegados do comité.

O comité de empresa poderá cumprir tarefas informativas no interior da empresa en horas de traballo, sen interromper nin prexudica-lo proceso de producción.

O comité de empresa estará debidamente informado do tema socioeconómico da empresa e de todo o que a lexislación vixente rexistra a este respecto. A empresa informará trimestralmente, sobre a situación económico-financeira, e da realización de horas extraordinarias ó comité.

Cunha antelación mínimo de seis meses, a empresa deberá informa-lo comité cando pretenda peches, absorcións, traslados, fusións, etc.

Se se producise desconformidade entre a empresa e os traballadores en calquera centro de traballo que afecte a este convenio, antes de tomar calquera dilixencia parcial, intentarase solventar mediante unha reunión do comité intercentro (formado por tódolos delegados de persoal de tódolos centros de traballo) e a empresa de non chegarse a un acordo, trasladarase á delegación provincial da Consellería de Traballo, para que resolva.

Axudas de custo do comité intercentros: a empresa aboará ós membros do comité intercentros, en concepto por axuda de custo de comida 15,025 euros por cada un deles, así como a contía estipulada por quilómetro e peaxes de autoestrada cando se despracen en vehículos propios, cun tope máximo de catro reunións ó ano, excluíndose destas as reunións propias da negociación colectiva e as que se realicen coa dirección da empresa.

O comité de empresa terá garantida a súa audición na comisión de organización do traballo, no establecemento das primas, ritmos, valoración de postos de traballo, duración das xornadas laborais, promocións, ascensos.

Así mesmo, o comité de empresa poderá, convoca-las asembleas que necesite, nos locais da empresa fóra das horas de traballo logo de comunicación á dirección da empresa. O conxunto do cadro de persoal disporá de doce horas anuais retribuídas, para realizar asembleas nos locais da empresa.

A convocatoria da asemblea será feita polo comité de empresa, o cal, tamén presidirá a asemblea, logo de acordo coa dirección e sen prexuízo da producción.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Artigo 1º

Establecerase un comité de prevención de riscos laborais, constituído por dous membros do comité de empresa e outros dous representantes nomeados

pola empresa, coas funcións que lles asigne a lexislación vixente.

Artigo 2º.-Revisión médica.

Efectuarase unha revisión médica anual obrigatoria, ó conxunto do cadro de persoal. A dita revisión será controlada polo comité de prevención de riscos laborables.

Artigo 3º.-Pezas de roupa de traballo.

Os traballadores recibirán da empresa as pezas de roupa de traballo e calzado adecuado que estime necesario para o persoal de despacho, no desenvolvemento das súas funcións. Así mesmo, proveranse os repartidores de pezas de roupa de auga.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 1º.-Pagas extraordinarias.

Seguiranse mantendo as pagas establecidas que se aboarán nas seguintes datas e polos cómputos: soldo, antigüidade, complemento de rendemento.

-1ª paga: día 15 de marzo.

-2ª paga: día 15 de xullo.

-3ª paga: día 15 de setembro.

-4ª paga: día 15 de decembro.

Artigo 2º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador cun ano de antigüidade alomenos na empresa, queda esta obrigada a satisfacer ós seus habentes dereito, o importe de dúas mensualidades, iguais cada unha delas, á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

A empresa disporá dun prazo de dous meses, a partir da publicación deste convenio no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, para concerta-la póliza que cubra esta continxencia, a cal cubrirá os procesos iniciados a partir de tal prazo.

Artigo 3º.-Incremento salarial.

Incremento salarial do IPC real previsto polo Goberno (2%) na nómina do mes de setembro con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2001.

Revisión con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2001 igual ó que o IPC real supere o 2% do previsto o 31 de decembro de 2001 na nómina do mes de febreiro de 2002.

Cláusulas adicionais

1. Tódalas referencias deste convenio, en relación co comité de empresa, enténdense extensibles ós delegados de persoal.

2. Vinculación á totalidade.

O presente convenio, forma un total indivisible, pois as condicións pactadas estimáronse globalmente, se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das súas cláusulas ou se indicase a introducción de modificacións que poidan alterar esta

globalidade a que se fai referencia, o convenio reconsiderarase na súa totalidade.

3. O complemento de convenio e o de transporte non serán computables para efectos do cálculo do importe da antigüidade.

4. Garantías do posto de traballo.

Durante a vixencia deste convenio respectaranse os postos de traballo, agás causas xustificadas.

5. Mobilidade de cadros de persoal.

A empresa poderá despraza-los traballadores afectos ó cadro de persoal dos centros de traballo dela, situados na Coruña, isto é, almacén de Pocomaco e fábrica de apósitos, durante o tempo que estrictamente sexa preciso motivado por necesidades de servicio, sen que iso implique variación do horario que cada centro viña realizando, sen que os traballadores desprazados deixen de pertencer ós seus respectivos cadros de persoal. A dita mobilidade será informada favorablemente polo comité de empresa, cando a criterio da dirección da empresa o esixan as necesidades de servicio.

6. Grupos profesionais e ordenanza laboral.

Traslado ó convenio do acordo sobre os grupos profesionais e complementos de posto de traballo (anexo acordo).

7. Reducción de xornada.

O horario de saída dos días 24 e 31 de decembro queda establecido ás 19 horas para a quenda de tarde.

8. Complemento de substitucións.

Co fin de compensar economicamente os traballadores, que deben substituír durante períodos de tempo, superiores a 15 días a persoas que exercen realmente como xefes de sección, servicio, etc., aboarase ó substituto a diferencia de soldo base e complemento de convenio, de acordo coa categoría da persoa que se vai substituír.

9. Promoción interna da muller.

Ambas partes de acordo coa directiva 76/207/CEE promoverán a acción positiva como instrumento para a igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres.

10. Protección da dignidade do home e da muller no traballo.

Conforme a recomendación da CEE 92/131 a empresa comprométese a previr e sancionar todo tipo de conductas que atenten contra este principio.

11. Canle de información.

A partir da sinatura deste convenio, todo conflicto ou discrepancia non só con relación ó convenio, senón a tódolos que se susciten en calquera centro de traballo de Cofaga, será canalizado a través do comité intercentros para que este o remita ó departamento de persoal facendo así a comunicación máis fluída entre os representantes dos traballadores e a parte empresarial.

12. Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria da representación das partes negociadoras, formada por tres persoas, para atender de cantas cuestións lle sexan atribuídas, e a determinación dos procedementos para solventa-las discrepancias no seo da comisión.

Acordo sobre grupos profesionais e complementos de posto de traballo

Liñas xerais

1ª Proposta grupos profesionais.

No anexo, represéntanse os distintos grupos profesionais (GP) futuros, conxuntamente coas categorías profesionais actuais que pertencían a cada GP.

2ª Descrición, formación e funcións dos GP.

No anexo II especifícanse as características pertinentes por GP. As funcións non recollidas neste acordo, pero que historicamente existiron na empresa, situaríanse nos distintos grupos segundo o criterio de negociación entre as dúas partes asinantes.

3ª Salarios de grupos profesionais.

De acordo co artigo 10 do regulamento que substitúe a ordenanza de comercio, o soldo base dos traballadores incluídos nun mesmo grupo será homoxéneo nos grupos profesionais III, IV e V, sendo en función de niveis salariais dentro dos grupos 0, I e II (anexo II b).

4ª Axuste do abano salarial.

En función del corrixiranse as diferencias salariais existentes dentro dun mesmo grupo xa sexa homoxéneo ou en función dos niveis salariais. Tamén se utilizará para mante-las diferencias actuais con outros GP.

5ª Complemento do posto de traballo.

Estableceranse para aquelas actividades que se realizan dentro dun mesmo GP, sendo froito dunha valoración obxectiva de tódalas actividades e das condicións dos distintos postos de traballo que son necesarias ás ditas actividades. Regularase segundo os principios que se citan no anexo III. A súa contía estipularase, nun valor homoxéneo, entre o 5 ó 10% do soldo base de cada GP.

6ª Provisión de fondos.

Primeiramente, realizarase un cálculo aproximado das necesidades diñeirarias para o axuste salarial e o establecemento dos C.P.T., para a seguir dotar dunha provisión que estará integrada dunha parte social por unha porcentaxe do incremento anual pactado nos convenios colectivos futuros e outra parte empresarial, igual á anterior, dunha porcentaxe por riba deses incrementos pactados. Esta provisión intentará unha vez rematada a homologación, que en cada cinco anos se poidan cumpri-los obxectivos de axuste salarial dos distintos GP e dos C.P.T.

ANEXO I

Grupos profesionais

* Grupo 0.

Dirección:

-DIRECTOR TÉCNICO.

* Grupo I.

Mandos intermedios I:

-XEFE DE PERSOAL.

-XEFE DE MECANIZACIÓN.

-XEFE DE COMPRAS.

-XEFE DE ADMINISTRACIÓN.

* Grupo II.

Mandos intermedios II:

-XEFE DE ALMACÉN.

-Xefe de departamento de persoal.

-Xefe de programación.

-Adxunto xefe de almacén.

* Grupo III.

Mandos intermedios III:

-XEFE DE SECCIÓN.

-PROGRAMADOR.

-SECRETARIA DE DIRECCIÓN.

* Grupo IV.

Operarios cualificados.

-DEPEND. MAIOR ESP.

-DEPENDENTE MAIOR.

-DEPENDENTE.

-Dependente recepc.

-RECEP. TELEF. 1ª.

-CONTADOR (NON).

-OFICI. ADMINISTR. 1ª.

-Analista de aplic.

-Auxiliar programación.

-MOZO ESPECIALIZADO.

-PROFESIONAL OF. 1ª.

-OFICI. ADMINIS. 2ª.

-VIAXANTE (NON).

* Grupo V.

Operarios non cualificados.

* AXUDANTE DEPENDENTE (NON).

* PROFESIONAL OF. 2ª (NON).

* RECEP. TELEF. 2ª (NON).

* AUX. ADMINIST. (NON).

* MOZO SERENO LIMP.

* APRENDIZ 16 E 17 (NON).

(Non)= non hai na actualidade.

En maiúsculas categorías de convenio.

En minúsculas categorías non en convenio.

ANEXO II

* Grupo O:

* Descrición: o persoal pertencente a este grupo planifica, organiza, dirixe e coordina as diversas actividades propias do desenvolvemento da empresa.

* Formación: titulación con nivel de educación universitaria, complementada cunha formación específica nas áreas de decisión que requira a súa función, e os coñecementos profesionais tras unha experiencia acreditada.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Comprenden a elaboración da política da organización, recursos humanos e materiais da propia empresa, a orientación e o control das actividades da organización conforme o programa establecido, ou a política adoptada.

2. O establecemento e mantemento de estructuras productivas e de apoio ó desenvolvemento da política comercial financeira.

3. Desempeñan altos postos de dirección ou execución destes nos departamentos, divisións, centros de traballo, etc., en que se estructura a empresa e que responden sempre á particular ordenación de cada unha.

Grupo I:

* Descrición: operacións que supoñen a realización de tarefas técnicas complexas, con obxectivos globais definidos e alto grao de esixencia en autonomía, iniciativa e responsabilidade.

* Formación: titulación con nivel de educación universitaria superior, complementada cunha formación específica na área de decisión asignada, ou coñecementos profesionais equivalentes tras unha experiencia acreditada.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Actividades que supoñen a integración, coordinación e supervisión de funcións realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

2. Inclúense tamén neste grupo profesional, funcións que supoñen responsabilidade concreta para a xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, a partir de directrices xerais moi amplas emanadas do persoal pertencente ó grupo profesional 0, ós que debe dar conta da súa xestión.

3. Funcións que supoñen a realización de tarefas técnicas de máis alta complexidade e mesmo a participación na definición dos obxectivos concretos que se teñen que alcanzar nun campo, cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade no dito cargo de especialidade técnica.

Grupo II:

* Descrición: inclúen as funcións que consisten na realización de actividades complexas con obxectivos definidos e con alto grao de esixencia nos factores de autonomía e responsabilidade, dirixen normalmente un conxunto de funcións que comportan unha actividade técnica ou profesional especializada.

* Formación: equivalente a titulación universitaria superior ou diplomatura e/ou complementada cunha dilatada experiencia profesional.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Responsabilidade de ordenar e supervisi-la execución de tarefas de producción, mantemento, servicios ou administración ou do conxunto de todas elas dunha sucursal ou almacén.

2. Analistas de aplicacións de informática.

3. Responsabilidade dunha unidade homoxénea de carácter administrativo.

Grupo III:

* Descrición: funcións que supoñen a integración, coordinación e supervisión de tarefas diversas, realizadas por un conxunto de colaboradores. Tarefas complexas pero homoxéneas que, aínda sen implicar responsabilidades de mando, teñen un alto grao de contido intelectual ou interpelación humana, nun marco de instruccións xerais de alta complexidade técnica.

* Formación: formación profesional de grao superior ou medio, coñecementos profesionais equivalentes adquiridos tras unha experiencia acreditada.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Tarefas que consisten no exercicio de mando directo á fronte dun conxunto de operarios, implicando a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción.

2. Programador de informática.

3. Tarefas de contabilidade consistentes en servi-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar estados, balances, custos, provisións de tesourería e outros traballos análogos, de acordo co plan contable da empresa.

4. Tarefas que impliquen a responsabilidade da vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguridade.

5. Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos segundo instruccións.

6. Tarefas de traducción, correspondencia, taquigrafía, informática de secretariado, con dominio dun idioma estranxeiro.

Grupo IV:

* Descrición: tarefas que consisten na execución de traballos que, aínda que se realizan baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas e cunha responsabilidade que está limitada por unha supervisión directa ou sistemática.

* Formación: titulación ou coñecementos profesionais equivalentes a graduado escolar, formación profesional I ou educación secundaria obrigatoria.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares que requiran algún grao de iniciativa.

2. Telefonista-recepcionista sen dominio de idiomas estranxeiros.

3. Operador de ordenador.

4. Tarefas que consistan en establecer segundo documentos contables unha parte da contabilidade.

5. Cálculo de salarios e valoración de custos de persoal.

6. Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución de rexistros en libros ou máquinas para o efecto do movemento diario.

7. Conducción ou conducción con repartición con permiso de conducir de clase B, C, D ou E atendendo que poidan combina-la actividade de conducir coa repartición de mercadorías.

8. Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos, recepción e tramitación de pedidos.

9. Vendedores sen especialización, actividades de mantemento elemental de maquinaria, vehículos e instalacións técnicas con capacitación suficiente para realiza-las tarefas que correspondan a cada mantemento.

Grupo V:

* Descrición: tarefas que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso, segundo instruccións específicas, cun total grao de dependencia xerárquica e funcional. Poden requirir esforzo físico. Non necesitan formación específica aínda que ocasionalmente poida ser necesario un período breve de adaptación.

* Formación: coñecementos elementais realizados coas tarefas que desempeñan.

* Funcións: para este grupo profesional inclúense todas aquelas funcións que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Operacións elementais de despacho, administrativas e de recepción de telefonía, atendendo por

tales aquelas que non requiren adestramento e coñecementos específicos.

2. Operacións de limpeza e auxiliares.

3. Actividades manuais en acondicionamento, carga e descarga manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

4. Labores de embalaxe e etiquetaxe de expedicións.

5. Funcións de recepción que non esixan cualificación especial ou coñecementos de idiomas.

6. Tarefas de axuda en almacéns que, ademais de carga e descarga, impliquen outras complementarias dos almaceneiros.

7. Tarefas que consistan en efectuar recados, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

8. Tódalas operacións de aprendizaxe de calquera actividade recollida no grupo profesional IV, sendo a experiencia de tres anos para poder acceder ó dito grupo IV.

ANEXO II(b)

Grupos profesionais

Niveis salariais

Grupo 0:

* Director técnico farmacéutico.

Grupo I:

* Nivel A.

Xefe de persoal.

Xefe de mecanización.

* Nivel B.

Xefe de administración.

Xefe de compras.

Grupo II:

* Nivel A.

Xefe de departamento de persoal.

* Nivel B.

Xefe de almacén.

Xefe de programación.

Adxunto xefe de almacén.

Grupo III:

* Xefe de sección de almacén.

* Xefe de sección de telefonía.

* Xefe de sección de administración.

* Programador.

* Secretaria de dirección.

* Xefe de sección de recepción.

* Xefe de sección de devolucións.

* Xefe de saída de rutas.

Grupo IV:

* Secretaria.

* Dependente maior especializado.

* Oficial administrativo 1ª.

* Auxiliar de programación.

* Analista de sistemas.

* Dependente maior.

* Dependente expedición de pedidos.

* Telefonistas 1ª.

* Profesional oficio 1ª.

* Oficial administrativo 2ª.

* Viaxante.

* Dependente de recepción de mercadoría.

* Dependente de devolucións.

* Dependente de saída de rutas.

* Mozo especialista.

Grupo V:

* Mozo sereno limpeza.

* Telefonista 2ª.

* Profesional oficio 2ª.

* Axudante dependente.

* Auxiliar administrativo.

* Aprendiz.

ANEXO III

Regulamento dos CPT

1. Para establece-la asignación da provisión, a parte empresarial terá realizada unha valoración dos postos de traballo. Estes serán establecidos a posteriori, periodicamente co fin de mellora-la distribución das cantidades destinadas a este concepto.

2. Do estudio da valoración dos postos de traballo, os representantes dos traballadores emitirán informe manifestando a súa conformidade ou non con el e as súas conclusións. Se houbese desacordo, e agás que se estableza outro procedemento, aplicarase a valoración exposta pola parte empresarial; non obstante, sempre se poderá utiliza-la medicación e arbitraxe previstas no AGA.

3. Das cantidades destinadas ó CPT, a parte empresarial dará conta ós representantes dos traballadores, tanto na súa contía, coma nos criterios, características, funcións, tarefas e demais condicións que permitisen delimita-los CPT.

4. Por requirimento dos representantes dos traballadores establecerase a negociación correspondente, da que se derivará ou non a consecución de

acordo. Neste último caso aplicarase o CPT proposto pola parte empresarial, podendo exerce-los representantes dos traballadores as accións legais que coiden oportunas.

5. Co obxecto de facilitar unha valoración racional dos postos de traballo e defini-los criterios obxectivos e de motivación seguidos para determina-los CPT, dada a obrigatoriedade da valoración previa, para efectos de aplicación da reserva pactada, enuméranse entre outros os criterios seguintes:

a) Desempeño das tarefas en distintas condicións cás do resto do seu GP que está enmarcado.

b) As características do posto sexan realmente singulares.

c) Requirimento do posto, unha constante renovación dos coñecementos para a súa actividade.

d) Complexidade das tarefas que hai que realizar, impliquen un maior grao de iniciativa e/ou responsabilidade con relación a un posto dentro do seu propio GP.

e) Outras circunstancias que comporte unha conceptuación determinada e diferentes do posto habitual.

f) A contía do CPT sería lineal para tódolos GP e fixaríase a medio prazo entre o 5% e o 10% do salario base de cada GP.

g) As dúas partes comprométense a negocia-la variabilidade do CPT, segundo criterios de cantidade, calidade e presencia no posto de traballo. Así como negocia-lo traslado ó convenio xeral daquelas materias que recollía a derrogada ordenanza laboral de comercio, para chegar ós obxectivos de equitatividade con relación ás remuneracións en función do GP e CPT.

CategoríaS. baseC. rend.C. conv.C. trans.Sal. anual

Director técnico963,39282,200183,23141,14519.421,995

Xefe persoal934,79682,200163,52941,14518.728,042

Xefe compras874,44982,200157,41741,14517.689,132

Xefe almacén814,05982,200151,15541,14516.647,747

Xefe sección774,82582,200147,18841,14515.972,402

Depend. maior esp.741,63782,200143,78041,14515.400,502

Dependente maior723,48682,200141,93541,14515.087,952

Dependente708,35982,200140,36641,14514.827,089

Axud. depend.638,69682,200133,26241,14513.637,228

Aprendiz 16 anos478,63482,200110,91741,14510.798,096

Aprendiz 17 anos516,20982,200116,38041,14511.464,859

Mozo especializ.708,35982,200140,36641,14514.827,089

Mozo sereno l.638,91282,200133,27441,14513.630,834

Prof. oficio 1ª708,35982,200140,36641,14514.827,089

Prof. oficio 2ª679,86582,200134,63341,14514.302,381

Recep. telef. 1ª708,35982,200140,36641,14514.827,089

Recep. telef. 2ª699,29682,200139,41141,14514.670,609

Xefe administrativo874,44982,200157,41741,14517.689,132

Xefe sección adm.774,82582,200147,18841,14515.972,402

Contador708,96682,200140,49341,14514.838,316

Secretaria723,48682,200141,93541,14515.087,952

Oficial admin. 1ª723,48682,200141,93541,14515.087,952

Oficial admin. 2ª708,35982,200140,36641,14514.827,089

Auxiliar admin.668,81482,200138,37741,14514.490,498

Viaxante717,41082,200141,29241,14514.983,015

Programador774,82582,200147,18841,14515.972,402

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA