Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.762

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002, do tribunal nomeado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, pola que se anuncian as datas, a hora e o lugar para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o 10 de outubro de 2002, o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de xuño de 2002 (DOG nº 130, do 8 de xullo) para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta

de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, acordou convoca-los aspirantes admitidos para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición consistente nun exame médico, de carácter eliminatorio, segundo dispón a base II.2.1 da Orde do 18 de decembro de 2001 pola que se convoca o proceso selectivo (DOG nº 250, do 28 de decembro de 2001).

Os aspirantes deberán absterse de tomar ningún alimento desde, alomenos, oito horas antes da prevista para a celebración da proba.

As probas celebraranse no Centro de Asistencia Sanitaria do Monte do Gozo, San Marcos, Santiago de Compostela, en chamamento único, de acordo coa seguinte orde:

-Día 28 de outubro, ás 8.30 horas de Taboada Capon, Luis a Zuazua Conde, Lorenzo, ámbolos dous inclusive.

-Día 29 de outubro, ás 8.30 horas, de Abades López, Xosé Ramón a Barros Couso, Jorge, ámbolos dous inclusive.

-Día 30 de outubro, ás 8.30 horas, de Barros Sánchez, José Luis a Castro Campo, José Luis, ámbolos dous inclusive.

-Día 31 de outubro, ás 8.30 horas, de Castro Casanova, José Antonio a Dopico Pita, Rafael, ámbolos dous inclusive.

-Día 4 de novembro, ás 8.30 horas, de Dopico Rodríguez, Lois a Fole Barrio, Carlos, ámbolos dous inclusive.

-Día 5 de novembro, ás 8.30 horas, de Folgueira Rio, Ignacio Francisco a Gondar Janeiro, José Manuel, ámbolos dous inclusive.

-Día 6 de novembro, ás 8.30 horas de González Armesto, Antonio a López Fernández, José Manuel, ámbolos dous inclusive.

-Día 7 de novembro, ás 8.30 horas, de López García, Miguel Ángel a Míguelez Prieto, Jorge, ámbolos dous inclusive.

-Día 8 de novembro, ás 8.30 horas, de Míguez Rosendo, Manuel a Peña Ferreiros, Óscar, ámbolos dous inclusive.

-Día 11 de novembro, ás 8.30 horas, de Pena Marful, Jorge a Raposo Gallego, Dionisio, ámbolos dous inclusive.

-Día 12 de novembro, ás 8.30 horas, de Ratoeira Basanta, Damaso a Ron Díaz, José Gabino, ámbolos dous inclusive.

-Día 13 de novembro, ás 8.30 horas, de Ronquete Paz, Luis a Sueiro Quinteiro, David, ámbolos dous inclusive.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal