Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na disposición adicional novena do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e artigo 123.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de execución de gardería infantil en Bembibre, conforme o prego de cláusulas administrativas aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 3 de outubro de 2002.

1. Obxecto: execución de gardería infantil en Bembibre-Val do Dubra.

2. Tipo de licitación: 300.500 euros.

3. Lugar e prazo de presentación de proposicións. De conformidade co establecido no artigo 80 do RCAP, para participar no concurso o licitador deberá presenta-las proposicións no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG. Se o último día natural cadrase en sábado, o prazo trasladarase ó seguinte día hábil. Tamén poderán envia-los sobres segundo o disposto no artigo 80.4º do RCAP, coidando que tanto no exterior de cada sobre coma nos documentos que se inclúan no seu interior figure a data de imposición, de acordo co establecido no artigo 205 do Regulamento de servicios de correos aprobado polo Decreto 1653/1964, do 14 de maio, modificado no punto 3º polo Decreto 2655/1985, do 27 de decembro. Se se envían por correo, o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación o mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío dos sobres.

Así mesmo, expóñense ó público para os efectos de reclamacións polo prazo de oito días o prego de cláusulas administrativas e o proxecto.

O prego de condicións, lugar, día e hora en que terá lugar o acto de apertura, o modelo de proposición, o extracto do prego de condicións así como a fianza provisional e definitiva que se vai constituír estarán á disposición dos futuros propoñentes na Secretaría da Corporación.

Val do Dubra, 4 de outubro de 2002.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA