Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

Por medio deste edicto faise público que, de conformidade co acordado por este concello, se somete a información pública polo prazo dun mes máis o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sarria, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

A documentación do referido avance poderá ser examinada na casa do concello, das 9 ás 14 horas, de luns a sábado, durante un prazo dun mes máis, durante o cal as entidades e os particulares poderán

suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden pertinentes.

Sarria, 7 de outubro de 2002.

Claudio Melquíades Garrido Martínez

Alcalde