Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.5 do Acordo do 31 de maio de 2002 polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de 4 postos de traballo do cadro de persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), anúnciase que a primeira proba eliminatoria do dito proceso terá lugar o vindeiro día 29 de outubro de 2002, ás 16.30 horas, no Palacio de Congresos, sito en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Os aspirantes admitidos ó dito proceso selectivo terán que acudir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo. O chamamento é único, polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección