Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de compensación da unidade de actuación número 10 do Plan Xeral de Ordenación Urbana sita entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal.

A Comisión de Goberno, en sesión do 23-9-2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación nº 10 do PXOU, sita entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, presentado no rexistro do concello o 25-3-2002 por Inversiones Playamar, S.L., na súa condición de propietaria única da totalidade dos terreos integrantes da unidade, e subscrito polos arquitectos Sres. Castro e Lorenzo, dispoñéndose a anulación daquelas determinacións e documentos integrantes del que fagan referencia á obriga de achegar economicamente o concello calquera gasto que lle puidese corresponder como Administración receptora do dez por cento do aproveitamento tipo, polo custo de redacción de proxectos e a xestión do plan especial, do proxecto de urbanización e das propias obras de urbanización, acordo que se adopta exonerando o concello de tales obrigas económicas e en función do ofrecemento efectuado pola sociedade o 24-6-2002, coa finalidade de pro

ceder á xestión e execución deste eido espacial de equidistribución, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documentos administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a propietaria única e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo de protocolización notarial del; ámbalas obrigas serán por conta da propiedade.

Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación, os terreos da UA nº 10, de cesión obrigatoria que se grafan nel, incluída a parcela C, de 456,30 m, correspondente ó 10% do aproveitamento non patrimonializable pola propiedade, -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e a súa afectación ós usos previstos polo planeamento.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e a sociedade limitada promotora.

Terceiro.-Facer saber a Inversiones Playamar, S.L. que, con carácter previo ó inicio da obra urbanizadora, terá que ter gañado firmeza en vía administrativa este acto e aprobarse definitivamente o proxecto de urbanización da unidade, ademais de constituírse unha fianza equivalente ó orzamento de execución material do proxecto de urbanización, que poderá constituírse en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local e, no caso de prestarse aval bancario, deberá ser debidamente intervido, estando afecta á correcta execución da obra urbanizadora que se aprobe, prevista no PXOU, ó non quedar afectos os predios resultantes do acordo de aprobación definitiva do proxecto de compensación, o pagamento da cantidade que lle puidese corresponder a cada predio no orzamento previsto dos custos de urbanización do polígono.

Cuarto.-Publicar este acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, no xornal Diario de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, e notificárllelo individualizadamente ós interesados con comunicación do seu testemuño á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia».

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto se poderá interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso con

tencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes conforme a dereito.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental