En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de servicios:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.
c) Número de expediente: 337/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de servicios.
b) Descrición do obxecto: concurso para regula-la xestión de bibliotecas municipais dos barrios de San Francisco, A Carballeira e A Ponte, en canto á súa actividade profesional.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 118, do 25 de maio de 2002, e DOG nº 110, do 10 de xuño de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Adxudicación.
a) Data: 5 de setembro de 2002.
b) Contratista: Archidoc, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 119.480 A.
Ourense, 16 de setembro de 2002.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde