Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, expediente nº 2002075C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: saneamento en Area Fofa.

Prazo de execución (meses): 4.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 99.813,76 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, Praza Constitución, 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Tfno.: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E. Subgrupo 1. Categoría C.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 5 de setembro de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde