Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 4-9-2002, aprobou inicialmente a delimitación

dun polígono co carácter de unidade reparcelable (grafado no plano que figura no expediente), que abrangue os terreos suxeitos á Ordenanza 08, edificación cerrada extensiva, sitos na avda. Breogán, esquina coas rúas Xoán Carballal e Tino Prados, propiedade de Javier Río Vidal (denominado soar nº 1) e Pablo Costa, S.L., Alicia Vázquez Busto e Jesús Mariño Salgueiro (denominado soar nº 2).

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de setembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da Área