Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: 249/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: concurso urxente para contratar cinco empresas para a execución das obras de mellora ambiental do núcleo histórico de Ourense.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 92, do 23 de abril de 2002, e DOG nº 85, do 3 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 29 de agosto de 2002.

b) Contratista: Pozanca, S.L. e Galandón, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 90.151,82 A.

Ourense, 16 de setembro de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde