Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado con carácter definitivo, na sesión plenaria celebrada o día 9 de agosto de 2002, o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións rasantes e ordenación de volumes no polígono PNC-2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, promovido por Manuel Garrido Garrido, o que se fai público para xeral coñecemento.

Contra a presente aprobación poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta publicación (artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo) perante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol ou diante do Tribunal de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

Así mesmo, poderase utilizar calquera outro recurso que se estime pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 4 de setembro de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde