Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO de aprobación definitiva de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado na sesión plenaria do día 5 de xullo de 2002, con carácter definitivo a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, consistente na nova redacción ó artigo 62 do PXOM no seu punto 2 así como ampliación do ámbito de

delimitación do solo rústico común apto para urbanizar no contorno do núcleo de Redes, logo do informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 13 de xullo de 2002, de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese á publicación do dito acordo de aprobación de modificación puntual.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación (artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, advertíndose que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que se estime pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 3 de setembro de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde