Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 3 de outubro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 10, promovido pola xunta de compensación da devandita unidade e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Cameáns Rodríguez, con visado do 21-3-2002, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cangas, 4 de outubro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde