Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002 pola que se modifica a oferta de emprego público para o ano 2002.

Por Resolución do 5 de febreiro de 2002, publicada no DOG nº 42, do 27 de febreiro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas do persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Por razóns organizativas non se incluíron na referida oferta as prazas vacantes correspondentes á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos das que existe necesidade e afectan ó funcionamento de diversos servicios universitarios esenciais.

En consecuencia, este rectorado, no uso das atribucións que lle confiren o artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), e o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña,

RESOLVE:

Primeiro.-De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, modifícase a oferta de emprego público do persoal funcionario de administración e servicios da Universidade da Coruña para o ano 2002 coa inclusión das seguintes prazas:

-Grupo B, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: 12 prazas.

Segundo.-As prazas ofertadas están dotadas orzamentariamente na correspondente relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servicios e atópanse vacantes ou cubertas por persoal laboral con contratos de interinidade.

Terceiro.-As convocatorias de probas selectivas que deriven desta modificación publicaranse no DOG e no BOE.

A Coruña, 19 de setembro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA