Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.696

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co establecido no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 10 prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascenderá a 5 prazas, que corresponde ó 50% do total das vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascenderá a 5 prazas.

As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, do total de prazas do sistema de acceso libre reser

varase unha (1) para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición xunto coa solicitude, acompañando así mesmo certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo emitida polos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, ou de se-lo caso, da Administración correspondente.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota de reserva e pasará a integrarse ás restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisionais que se publiquen. De non emenda-lo defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ó respecto.

I.1.4. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para ser admitidos á realización do proceso selectivo os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio de Administración da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.2.4. Ter aboados os dereitos de exame, de se-lo caso.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderá participar o cónxuxe, descendentes e descendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade, que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.3.7. Ter aboados os dereitos de exame, de se-lo caso.

I.2.3.8. Para persoas con minusvalidez, estar en posesión do documento xustificativo da discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme coa normativa vixente e así mesmo, do certificado a que fai referencia a base I.1.2.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e terán que manterse ata a toma de posesión como funcionarios.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo I), que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2., debendo optar por unha das dúas ramas do programa. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, e xustificante de que aboen os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minus

validez, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e do disposto nas bases I.1.2 e I.2.3.8.

Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos e exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, ou, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo cuarto desta base e do disposto nas bases I.1.2 e I.2.3.8

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista na base II.1.1.c.

d) Así mesmo, os aspirantes con minusvalidez cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán presentar xunto coa solicitude certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo emitida polo órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, ou, de se-lo caso, da Administración correspondente, para acreditar que reúnen o requisito de aptitude para o desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional de outro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán acompaña-la declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31 punto 3º da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, pola que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 47,54 euros, e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para isto o impreso de autoliquidación sinalado no anexo II. O dito impreso será facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súa delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que non figure o selo da entidade bancaria coa indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia a base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% ó que se refire a base I.1.2 deberán indicalo expresamente na solicitude especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme ó contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2002, que en ningún caso desvirtuarán o contido das probas de valoración de aptitude dos aspirantes.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os ape

lidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendaren, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán de tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexe as probas selectivas é o publicado no DOG nº 156, do 14 de agosto do 2002 aprobado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de agosto de 2002.

Os aspirantes ó grupo A pola quenda de promoción interna son eximidos dos seguintes temas: 1, 4, 11, 16, 32, 34, 36, 48, 49, 52, 63, 65, 67, 77, 78, 79 e 83.

II.1. Exercicios:

II.1.1. Exercicios comúns para ambos sistemas de acceso.

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 150 preguntas tipo test, máis 3 de reserva con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo mesmo e correspondentes ó contido da parte común do programa. O tempo máximo de duración será de dúas horas e media.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate del.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo do test, indicando as respostas correctas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de 10 días a efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días, desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de seis horas, deberán desenvolver por escrito catro temas a elixir entre oito obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa, a razón de, un das partes I e II, un das partes III e IV do programa común, e dous da parte específica, realizándose logo do chamamento do tribunal e unha vez que se efectúen os correspondentes sorteos.

Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que se levará a cabo polo seu autor.

O tribunal disporá da obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexa-la lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse diariamente unha vez rematada a exposición dos exercicios correspondentes.

Os aspirantes terán o prazo de 10 días para efectos de reclamacións desde a publicación da última das notas correspondentes ó presente exercicio.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Os aspirantes terán o prazo de 10 días para efectos de presentación de alegacións, desde a publicación dos resultados.

Este exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalentes.

II.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, excepto a lectura do segundo exercicio, que se realizará en sesión pública.

II.4. Desenvolvemento dos exercicios:

II.4.1. Os exercicios deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.4.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «S», de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2002, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o 26 de febreiro de 2002, ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2002.

II.4.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.4.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.4.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase polo tribunal nos locais onde se celebrasen, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.4.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

II.4.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas

nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Fase de curso selectivo.

Tódolos aspirantes que superen os exercicios da oposición excepto os que participen pola quenda de promoción interna, deberán superar, como requisito indispensable para obte-lo seu nomeamento de funcionarios de carreira, un curso selectivo, que organizará e impartirá a Escola Galega de Administración Pública. O dito curso versará sobre as materias do programa.

O curso valorarase coa cualificación de apto ou non apto.

O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o director do curso, declarará apto ou non apto ós distintos aspirantes.

O curso terá unha duración de 2 meses, cun horario de mañá e tarde. Na xornada de mañá impartiranse clases prácticas e na de tarde práctico-teóricas.

Durante o período de realización deste curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.1. No que se refire ás características concretas de desenvolvemento do curso selectivo, estas indicaranse oportunamente mediante norma específica ó respecto.

IV. Tribunais.

IV.1. Os tribunais cualificadores do proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, a proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándoo á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a procesos selectivos nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atopárense incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de quince días a partir da publicación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente.

IV.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que se lles asignasen.

IV.9. A un dos tribunais corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna.

IV.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar de orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

IV.11. Co obxecto de acada-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación se poidan presentar e solicitar polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo de que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

IV.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, de se-lo caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

IV.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.16. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un

número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.18. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematados os exercicios da oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética á que se refire a base II.4.2.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes resolveranse polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematados os exercicios da oposición,os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que estimen oportunos, as relacións independentes de aspirantes que superaron a fase de oposición, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados á directora xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentación e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

VI.1. No prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas no DOG as listas de aprobados nos exercicios da oposición, os opositores que superasen os exercicios e antes de iniciarse o curso selectivo, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, de se-lo caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título, ou, de se-lo caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou con

dena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Respecto das persoas que accedan pola cota de reserva, á que se refire a base I.1.2. e no caso de que o certificado de minusvalidez sufrira modificacións con respecto ó inicio do procedemento, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá documento acreditativo sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións ó órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, ou, de se-lo caso, da Administración competente.

VI.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas ou de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematados os exercicios da oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os aspirantes provenientes da quenda de promoción interna que a superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, no que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas para a devandita quenda.

Os citados aspirantes en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

Así mesmo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos na relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

Os aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que superasen a fase de oposición serán nomeados funcionarios en prácticas mediante resolución da

Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso ó que se refire a base III.

VI.5. Rematado o curso selectivo, o tribunal fará públicos os resultados obtidos nel e a orde de prelación dos aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

VI.6. A consecuencia de falecemento ou renuncia dalgún dos aspirantes que tendo superado o proceso selectivo foran propostos polo tribunal para o seu nomeamento, o tribunal poderá nomea-lo seguinte aspirante nas mesmas circunstancias que o anterior e no seu lugar atendendo á orde de prelación de notas.

VI.7. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superen o curso selectivo deberase realizar unha vez rematado o proceso selectivo, logo da oferta daqueles.

VI.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VI.5.

VI.9. Rematado o proceso selectivo, os aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VI.10. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas Leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO III

DON/A... con domicilio en... e con DNI/pasaporte... declara baixo xuramento ou promete, a efectos de ser nomeado funcionario do corpo... da Xunta de Galicia, grupo..., que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no estado de... que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade), ... de...... de 2002.

Para cubri-lo anexo I

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

* INSTRUCCIÓNS XERAIS

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.-Non esqueza asina-lo impreso.-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación de minusvalidez, de se-lo caso.

* INSTRUCCIÓNS PARTICULARES

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

02. Grupo D. Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

03. Grupo E. Corpo subalterno da Xunta de Galicia.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.