Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase a licitación para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo do contrato. Centro Multiúsos Municipal de Goián (6ª fase) cun orzamento de licitación de 150.252,65 A (non se admiten baixas) e un prazo de execución de 6 meses.

3. Tramitación, procedemento, forma adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 6.010,11 A.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01/fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: C-7-c e os criterios especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas. Pola mesa de contratación e de conformidade co establecido no prego.

9. Gastos dos anuncios. Por conta do adxudicatario.

Tomiño, 4 de outubro de 2002.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde