Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, da Xunta de Galicia, faise público que por Resolución da alcaldía de data do 2 de setembro de 2002, tomou posesión como funcionaria de carreira da Administración local, Patricia Fernández David con DNI 34872560-Y, grupo D, clase policía local, subescala de servicios especiais, escala de Administración especial.

Ponteareas, 5 de setembro de 2002.

María Nava Castro Domínguez

Alcaldesa