Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de licitación.

1. Obxecto do contrato: execución da prestación do servicio de vixilancia na Escola de Canteiros de Pontevedra.

2. Tipo de licitación: 53.760 A, IVE incluído.

3. Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, no horario de 9 a 13 horas, debidamente pechados, dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da inserción do extracto do anuncio de licitación no BOP. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación o primeiro día hábil seguinte.

4. Información: na Vicesecretaría da Deputación Provincial de Pontevedra, teléfono: 986 80 41 09.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado