Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 13 de setembro de 2002, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se notifican os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se inclúe como anexo non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-97-0000081424 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3 de xaneiro de 1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, modificado a través de Real decreto 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14 de outubro), do réxime financeiro y orzamentario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se produza o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da comunidade autónoma.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 13 de setembro de 2002.

P.A

Félix Rubial Bernárdez

Director médico do Hospital da Costa de Burela

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Thais Marín Casañs45828643FRA.20010218525-5-20011.388,78
Santiago López PenaG.11717799FRA.20010233531-8-2001223,37
Diego F. Mañas Ramos45582722F-RA.2001024626-10-2001223,37
Pilar Loureiro Ramil33992060FRA.2001024642-10-2001223,37
Tracy ErnestX2563947EFRA.20020007229-11-2001679,87
Ana I. Madrazo Monge71924551FRA.20020007521-9-2001223,37
Israel Moreno Franco32872426FRA.20020024930-7-2001223,37
Manuel Varela Abeledo32636792FRA.20020035819-11-2001223,37
Juan Félix Sáenz Aja16509037FRA.20020042920-11-2001223,37
Luis A. Álvarez Casal32784861FRA.2002006151-2-2002331,55
Luis Blázquez Vaquero51398269FRA.20020079124-9-200277,14
Pilar Loureiro Ramil33992060FRA.20020117324-3-2002456,50
Carmen Martínez Geada77595342FRA.20020120923-3-2002223,37