Contratación por concurso aberto polo trámite de urxencia para a execución da obra mellora capa de rodadura en San Miguel, Rabadeiras e outros.
Obxecto: execución das obras de mellora capa de rodadura en San Miguel, Rabadeiras e outros.
Orzamento: 63.412,71 euros.
Garantías:
-Provisional: 1.268,25 euros.
-Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.
Prazo de execución: 4 meses.
Información: Concello de Forcarei (secretaría).
Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Forcarei, 13 de setembro de 2000.
David Raposeiras Correa
Alcalde