Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se fai pública a adxudicación do expediente C.P. 42/2001.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), publica a resolución de adxudicación do expediente seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: C.P. 42/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material para a realización de determinacións de bioquímica, o arrendamento e mantemento dos equipos e instrumental precisos para a súa realización.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S 210, do 31 de outubro; BOE do 6 de novembro; DOG nº 221, do 15 de novembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: novecentos sesenta mil novecentos corenta e oito euros con cincuenta e catro céntimos (960.948,54 A) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de xuño de 2002.

b) Contratista e importe da adxudicación: Palex Medical, S.A. 960.948,54 A.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo