En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental dunha explotación porcina en Ourense.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Concello de Ourense.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.
José Luis Díez Yáñez
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental