Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para o proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de Camariñas (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Camariñas.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental para a selaxe do vertedoiro de Camariñas.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental