Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de setembro de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica ós posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ó expediente 69/75.

Na sesión celebrada por este xurado provincial, coa data do 2 de abril de 2002, adoptouse o seguinte acordo:

4º.-Varios:

(...)

e) Monte de Campos, Outonín e San Cristovo (expediente 69/75), situado na parroquia de San Cristovo de Lóuzara do concello de Samos e clasificado como veciñal en man común pola resolución do xurado provincial coa data do vintecinco de maio de mil novecentos setenta e seis. En relación con este monte recibiuse sentencia firme número 113/01, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Sarria coa data do doce de xuño de dous mil un, que na súa decisión declara: «... que ós demandantes lles corresponden en propiedade as parcelas partidas e en proindivisión o resto do predio, propiedade individualizada e comunitaria respectivamente, de carácter exclusivo e excluínte, sendo a comunidade en réxime de proindivisión por cotas ou de tipo romano; con exclusión do réxime en man común». Examinada a devandita sentencia, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ó establecido nela, trasladando o seu contido ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, para que

proceda ás correccións oportunas no expediente correspondente».

Descoñecéndose o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente edicto e conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo, facéndolles saber que contra este poderá interporse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Lugo, 16 de setembro de 2002.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo