Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27007 Lugo.
Denominación: reelectrificación de San Pedro (2ª fase).
Situación: Viveiro.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,809 km de lonxitude con orixe en L.M.T. existente a San Martiño e final en C.T. de Valdemirós. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de 1,45 km de lonxitude con orixe en C.T. de Valdemirós e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 2 de setembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo