Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 30 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental da concesión directa de explotación Terra Forte, número 5895.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 30 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental da concesión directa de explotación denominada Terra Forte, nº 5895, sita en terreos do concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, promovida Ramiro Fernández-Tylmesa.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 141.397 m nos lugares de monte da Portela, ladeira do Fabeiro, As Lamas, As Barrioncas e Campo do Val, sito no concello de Monforte de Lemos, da que a designación puntual en coordenadas UTM sería x= 620908, y= 4713177, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 27 de agosto de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo