Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de setembro 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-059-O-2002 e dez máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguiente ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que

debe efectuar en calquera oficina do BBVA. Transacción 1316 NIF S1511001H. Código da provincia 390004, no prazo de 15 días hábiles desde a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación, ós/ás citados denunciados/as, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, o 19 de setembro de 2002.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-059-O-2002

M-1698-JG

G.C. Tráfico

Gabriela Laura Scortti

Pitágoras, 19

Las Rozas de Madrid

28230-Madrid

Transportar unha máquina pregadora para instalar canalóns nun vehículo lixeiro de mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes.

15-11-2001; 13; A-52; 132

Art. 141 b) Lei 16/1987

Art. 198 b) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

OU-0303-I-2002

3833-BDF

Inspección de transportes

Delfina Carballo Pena

Estrada da Granxa, 79

32005-Ourense

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

22-10-2001

Art. 141 c) Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

OU-0357-O-2002

OU-1407-J

G.C. Tráfico

Nadia El Assad

Rúa da Murga, 6-1º

32002-Ourense

Realizar transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización administrativa. Non leva ningún distintivo de operatividade. Transporta roupa.

26-11-2001; 6.30; A-52; 251.

Art. 141 b) Lei 16/1987

Art. 198 b) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990.

150 euros

OU-0551-I-2002

OU-7128-V

G.C. Tráfico

María García Jiménez

Sta. Cruz da Rabeda, s/n

32000-San Cibrao das Viñas (Ourense)

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

7-11-2001

Art. 141 c) Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990.

150 euros

OU-0603-I-2002

OR-6862-O

Inspección de transportes

Manuel Álvarez Gómez

María Pita, 59

32550-Viana do Bolo (Ourense)

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

19-11-2001

Art. 141 c) Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

OU-0604-I-2002

OU-6595-T

Inspección de transportes

Cargalia Verde, S.L.

Estr. Cabreiroá, 2-2º

32600-Verín (Ourense)

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

26-11-2001

Art. 141 c) Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 211/1990

150 euros

OU-0632-O-2002

OU-6092-U

G.C. Tráfico

Julio José García Gándara

Rúa San Bernabé A Valenzá, 9

32890-Barbadás (Ourense)

Circular transportando material de alimentación, carecendo de tarxeta de transportes. Leva distintivos MPC-nacional.

21-2-2001; 10.50; A-52; 218

Art. 141 b) Lei 16/1987

Art. 198 b) R.D. 1211/1990

Art. 142 c) Lei 16/1987

Art. 199 c) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

150 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-0653-O-2002

PO-4246-BF

G.C. Tráfico

Javier Vieira Lois

Avda. Portugal, 57

36980-O Grove (Pontevedra)

Circular cun vehículo articulado, presentando o conductor o disco co que efectúa a conducción cun exceso nos tempos de conducción diaria (sobre 10) ó conducir 10 horas 30 minutos, exceso 30 minutos.

14-2-2002; 45; A-52; 173

Art. 142-K Lei 16/1987

Art. 199 l) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

30 euros

OU-0715-O-2002

8947-BLK

G.C. Tráfico

Ramón Sabucedo Valdés

Filomena Dato, 7-2º I

32005-Ourense

Realizar transporte privado complementario de mercadorías, carecendo da correspondente autorización administrativa. Non leva ningún distintivo de operatividade. Transporta cebada e avea segundo albará nº 1011670 de Droguería Agrícola, S.A.

20-11-2001; 13.15; A-52; 202.

Art. 141 b) Lei 16/1987

Art. 198 b) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 211/1990

150 euros

OU-0729-I-2002

OU-3830-W

Inspección de transportes

Cesáreo González Rodríguez

Travesía Portocarreiro, 7

32003-Ourense

Incumprimento das condicións esenciais da autorización ó solicita-lo visado da tarxeta de transportes fóra do prazo legalmente establecido, dándose as condicións necesarias para a súa rehabilitación.

22-1-2002

Art. 141 c) Lei 16/1987

Art. 46 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

OU-0862-O-2002

PO-6114-BF

G.C. Tráfico

Ana Montes Álvarez

Lago, 4

32570-Maside (Ourense)

Realizar un transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes. Transporta ferro.

7-12-2001; 12.05; N-541; 13.

Art. 141 b) Lei 16/1987

Art. 198 b) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

Art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros