Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/109-2, 5898 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Souto-Piñeiro.

Situación: Xermade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,895 km con orixe na L.M.T. a C.T. de Piñeiro conductor tipo LA-56 e final no C.T.I. Souto. C.T. intemperie con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,02 km con orixe no C.T.I. Souto e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo