Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Francisco Javier Benavente Martínez (praza 1856/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado

por resolución desta universidade do 17 de agosto de 2001 (BOE do 13 de setembro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Francisco Javier Benavente Martínez, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Benavente Martínez catedrático de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela