Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.666

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (118/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Dolores Rey Erias, contra Juan Antonio Castro Brandariz, sobre demanda de divorcio número 118/2002, dictouse o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 118/2002, por instancia de Dolores Rey Erias, representada la procuradora Beatriz Dorrego Alonso, contra Juan Antonio Castro Brandariz, por este edicto e con entrega das oportunas copias da demanda e documentos que se acompañen, confírese traslado dela e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable

prazo de vinte días compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, propondo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non lle facer máis notificacións cás sinaladas na lei.

E para que sirva de emprazamento a Juan Antonio Castro Brandariz, expídese este edicto na Coruña, 16 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado